Ó mesmo tempo, comezan a aparecer nas portas dos pisos parisinos estraños catros negros pintados á inversa…

Unha muller da a alarma, pero o comisario Adamsberg non lle presta maior atención. Non lle presta maior atención ata que un vello amigo o visita inesperadamente. O agudo Decambrais recoñecera o segredo que ocultaban eses especiais, e para nada se trataban dunha broma, para nada…
A situación de alarma dispárase! En Francia están a piques de renacer as palabras Cito, Longe, Tarde; palabras perdidas no tempo que só gardaban as testemuñas do século XIV…
Pero, que agachan esas mensaxes? A que perigo se enfrontan Admasberg, Decambrais e Joss Le Guern desta vez? Que poderoso medo brota nos corazóns franceses? E o máis importante: que extraordinaria mente envía esas mensaxes?
No ano 2001 Fred Vargas (París, 1957) compón sen dúbida unha das súas mellores novelas a través desta misteriosa trama. Grazas á súa labor literaria, Frédérique Audouin-Rouzeau convértese na gran revelación literaria da novela policíaca. Arqueóloga experta no medievo, a autora de O home dos círculos azuis é gañadora de numerosos premios literarios.
Con estas palabras anímovos a que vos sorprendades con este mundo de sospeita e investigación, así como o fixen eu. Cando vos enganche, non quereredes que chegue o final; cando chegue o final, volveredes comezar o libro. Nunca vos deixará de intrigar.
María Rodríguez Carballo. EX-alumna Río Cabe